Ernst Lubitsch
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1892 Berlín, Alemaña |
Morte | 30 de novembro de 1947 (55 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, escritor, montador, actor de cinema, produtor de cinema, actor, guionista, realizador |
Período de actividade | 1913 - |
Empregador | Universidade do Sur de California |
Familia | |
Fillos | Nicola Lubitsch |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Páxina web | lubitsch.com |
|
Ernst Lubitsch, nado en Berlín o 28 de xaneiro de 1892 e finado no barrio de Hollywood (Os Ánxeles) o 30 de novembro de 1947, foi un director de cinema xudeu nado en Alemaña, de nacionalidade rusa, aínda que naturalizado alemán e, máis tarde, estadounidense. As súas comedias urbanas déronlle a reputación de ser o director máis elegante e sofisticado de Hollywood; a medida que medraba o seu prestixio, os seus filmes foron promocionados por ter "o toque Lubitsch". Entre as súas obras máis coñecidas están Trouble in Paradise (1932), Design for Living (1933), Ninotchka (1939), The Shop Around the Corner (1940), To Be or Not to Be (1942) e Heaven Can Wait (1943).
Foi nomeado ao Óscar ó mellor director en tres ocasións, por The Patriot (1928), The Love Parade (1929) e Heaven Can Wait (1943). En 1946, recibiu o Óscar honorífico polas súas achegas á arte do cinema.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lubitsch naceu en 1892 en Berlín,[1] fillo de Simon Lubitsch, un xastre, e Anna Lindenstaedt. A súa familia era xudía asquenací; o seu pai naceu en Grodno, daquela no Imperio Ruso (hoxe Belarús), e a súa nai era de Wriezen, preto de Berlín. Deulle as costas ao negocio de xastre do seu pai para entrar no teatro, e en 1911 era membro do Deutsches Theater de Max Reinhardt.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eyman 1993, p. 22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernst Lubitsch |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eyman, Scott (1993). Ernst Lubitsch: Laughter in Paradise. New York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-671-74936-1.
- Weinberg, Herman G. (1968). The Lubitsch Touch: A Critical Study. New York: Dutton. ISBN 978-0-486-23483-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |